FESTAS TOTALMENTE PERSONALIZADAS

En O Recuncho das Xoubiñas podes celebrar o teu aniversario na compañía dos teus amigos con un cañón de bolas, ponte colgante con tirolina, wifi, piscina (en verán)...

Na celebración dos aniversarios incluimos invitacións especiais, agasallo para o celebrante e xogos e animación, ademais do menú que elixas para a túa celebración.

Facemos festas totalmente personalizadas, cada unha é unha nova aventura, totalmente diferente ás outras. Cun mínimo de 10 nenos por aniversario, creamos a festa que queres con todos os nosos servizos e extras.

E como sabemos as dificultades que teñen algunhas familias tamén facemos o aniversario solidario, 1 aniversario gratis ao mes: para axudar a que os nenos non paguen a difícil situación na que vivimos, sorteamos un aniversario gratis ao mes.

Só tes que elixir como queres o aniversario e o menú a servir dos seguintes:

Menú Xoubiñas

  • Bocata artesán a elixir, sándwich nocilla, palomitas quentes, patacas, gusanitos, panchitos, tarta feliz, xeado e bebida

    8.50 €, de venres a domingo 9 €

Menú Patapalo

  • Menú combinado (pizza, perrito quente, bocatas, sándwich de nocilla), palomitas quentes, patacas, gusanitos, panchitos, fonte de chocolate con pinchos de froitas, tarta especial, xeados e bebidas

    10 €, de venres a domingo 10.50 €

Menú Grumete

  • Pizza, perrito quente, minidonuts, palomitas quentes, patacas, gusanitos, panchitos, tarta feliz, xeado e bebida

    9 €, de venres a domingo 9.50 €

Menú Aniversario Xoven

  • Só fins de semana: pizza, perrito, patacas, snacks, minidonuts, xeado e cócteles sen alcohol.

    12€ . En horario de 20:30 a 23:30 h. con karaoke, disco, xogos dirixidos e moita marcha. A partir de 8 anos, cun mínimo de 12 nenos.

Podes completar o aniversario cos nosos extras:

E os sábados e domingos podemos celebrar os aniversarios pola mañá. Só tendes que concretar a fecha connosco e ser un mínimo de 15 nenos.

Ademais das festas de aniversario en O Recuncho das Xoubiñas, tamén organizamos outras celebracións e actividades como:

Horario: de martes a xoves de 17:00 a 20:00 h. Venres a domingos de 17:00 a 20:30 h. Os sábados e domingos abrimos pola mañá con previa reserva.

Ponte en contacto connosco

Contacta connosco para concretar como será a túa festa de aniversario.