O Recuncho das Xoubiñas, parque infantil en Moaña

CELEBRA CONNOSCO A TÚA FESTA DE ANIVERSARIO

Vive unha festa especial, disfrázate de pirata ou princesa, convida aos teus amigos con invitacións sorpresa e leva o noso agasallo. Celebra en O Recuncho das Xoubiñas o teu aniversario, comunión...

Celebramos festas infantís nas que os nenos poden aproveitarse de servizos como: parque de bolas, obradoiros, xogos, animación, karaoke, consolas, wifi, terraza, piscina (no verán), inchables… Tamén contamos con cafetería e prensa diaria para os adultos, así como aparcamento gratuíto.

En O Recuncho das Xoubiñas facemos festas para grupos tódolos días (cun mínimo de 10 nenos) e os sábados e domingos pola mañá (cun mínimo 15 nenos). Tamén celebramos o aniversario xoven con horario de 20:30 a 23:30 os fins de semana.

E como sabemos que a situación económica de moitas familias non é boa, sorteamos un aniversario gratis cada mes. Infórmate das condicións no noso local.

De martes a xoves de 17:00 a 20:00 h. Venres e domingos de 17:00 a 20:30 h.

Os sábados e domingos abrimos pola mañá previa reserva.

Contacta connosco

Ponte en contacto connosco e dirémosche como podes celebrar o teu aniversario.

O Recuncho das Xoubiñas